Clases de pilates e outras actividades

Pilates

A nosa filosofía de traballo básase en grupos reducidos, homoxéneos, distribuídos en función do estado e patoloxías de cada un dos nosos alumnos. Isto permítenos personalizar as clases ao máximo posible adaptándonos ás necesidades de cada individuo.

Antes de comezar nas nosas actividades de grupo, sempre levamos a cabo unha valoración e primeira clase de xeito individual para facilitar o ingreso no grupo.

Dentro das nosas actividades contamos con:

Pilates e outras actividades terapéuticas

Ventaxes das clases de pilates en Antela

  • Fortalece a musculatura.
  • Aumenta a flexibilidade.
  • Mellora a concentración.
  • Aumenta a forza e a axilidade.
  • Corrixe a postura.
  • Mellora a coordinación e o equilibrio.
  • Reduce o estrés.
  • Mellora a capacidade pulmonar.
  • Aumenta o autocontrol e a autoestima.
Antela Saúde

Hipopresivos

É unha técnica que se basea na realización dun conxunto de exercicios posturais rítmicos en apnea respiratoria, o que significa unha diminución da presión torácica e abdominal, co obxectivo de tonificar a musculatura da faixa abdominal e do solo pélvico.

Utilidades dos abdominais hipopresivos

  • Prevención e recuperación durante o postparto.
  • Incontinencia urinaria feminina.
  • Homes operados de próstata con incontinencia urinaria.
  • Ptoses pelvianas: colecistes, rectoceles e prolapsos de útero.
  • Conxestión pelviana durante a menstruación.
  • Lumbalxias.
  • Dor dorsal.
  • Escoliose.
  • Hernias discais.
  • Problemas de retorno venoso en pernas.
  • Problemas respiratorios.
  • Taquicardia, dispnea, fatiga.
  • Estrinximento.
  • Persoas colostomizadas ás que xa uniron ambas partes de intestino.
  • Reeducación postural.
  • Refluxo gastroesofáxico, hernias de hiato.
  • Problemas dixestivos.
  • Disfuncións sexuais.
  • Hipertonía do diafragma.
  • Cefaleas, xaquecas, dores retro-oculares.
  • Problemas do equilibrio, náuseas, vómitos, vertixe.
Antela Saúde

Estiramentos

Para ter unha boa flexibilidade que nos permita conservar as nosas capacidades físicas e previr lesións. Tanto para adultos como para nenos.

Antela Saúde

Actividades durante a maternidade

Pilates e ximnasia de mantemento para embarazadas e exercicios de recuperación tras o parto, así como exercicio con bebés.

Antela Saúde