Solucionamos os trastornos da mandíbula

Articulación temporomandibular

A fisioterapia pode axudarche a solucionar problemas derivados de trastornos da mandíbula. Consulta co teu profesional; non te resignes a sufrir.

A articulación temporomandibular é unhas das máis complexas do organismo. Os seus trastornos afectan os músculos da mastigación, a propia articulación e as estruturas asociadas a esta, polo que causan normalmente dor e unha limitación da funcionalidade.

A articulación temporomandibular ten unha relación directa a través de diferentes estruturas coa columna cervical, o que fai que a partir de agora falemos do complexo cranio-cérvico-mandibular en lugar da propia articulación, pois unha alteración nalgunha destas estruturas influirá nas outras dúas.

Síntomas da disfunción do complexo cranio-cérvico-mandibular

Limitación da apertura bucal

Dor ou cansazo ao comer alimentos duros ou voluminosos (unha hamburguesa, por exemplo)

Dor de pescozo

Dor de oído ou ruídos e zumbidos

Dor de cabeza (frontal, occipital ou sen)

Dor facial (sobre todo ao levantarse)

Dor dentaria

Dor ou dificultade para abrir a boca polas mañás

Migrañas

Ruídos articulares (clic ou sensación de areas)

Bloqueos articulares (sensación de non poder abrir ou pechar a boca)

Apertar ou rinchar os dentes, tanto consciente coma inconscientemente

Mordida incómoda ou diferente

Neuralxia do trixémino

Síntomas da disfunción do complexo cranio-cérvico-mandibular

  • Limitación da apertura bucal.
  • Dor ou cansazo ao comer alimentos duros ou voluminosos (unha hamburguesa, por exemplo).
  • Dor de pescozo.
  • Dor de oído ou ruídos e zumbidos.
  • Dor de cabeza (frontal, occipital ou sen).
  • Dor facial (sobre todo ao levantarse).
  • Dor dentaria.
  • Dor ou dificultade para abrir a boca polas mañás.
  • Migrañas
  • Ruídos articulares (clic ou sensación de areas).
  • Bloqueos articulares (sensación de non poder abrir ou pechar a boca).
  • Apertar ou rinchar os dentes, tanto consciente coma inconscientemente.
  • Mordida incómoda ou diferente.
  • Neuralxia do trixémino.
Antela Saúde

Por que é preciso realizar un exame do complexo cranio-cérvico-mandibular antes de levar a cabo un tratamento odontolóxico?

É preciso asegurarse de que existe unha boa alineación e mobilidade a nivel das vértebras cervicais e cranio previamente a certos tratamentos odontolóxicos.

Cando construímos unha casa, as paredes deben quedar firmes e rectas para que poidan sustentar o peso do tellado. A ninguén se lle ocorrería construír un tellado enriba de paredes inclinadas. No caso das cervicais ocorre o mesmo.

Se constrúes un tratamento de ortodoncia enriba dunhas vértebras mal aliñadas e cunha articulación temporomandibular dereita e esquerda diferentes entre elas aínda que os dentes ao final do tratamento queden perfectos, co paso do tempo ese neno ou nena, que talvez para entón xa sexa un adulto, comezará a ter síntomas. E unha vez que comecemos a tratar esa disfunción, todo o seu tratamento ortodóntico verase afectado. Ao liberar tensión da súa articulación temporomandibular, a posición desta variará lixeiramente modificándose os seus contactos oclusais.

No caso das férulas de oclusión e pensando desde un punto de vista da articulación temporomandibular, tamén podemos afirmar que é preciso facer un tratamento previo ou conxunto manual desta articulación ademais do tratamento odontolóxico co fin de liberar a tensión desta e restaurar a mobilidade perdida adaptando a articulación ao elemento oclusal.

Antela Saúde

Postura e trastornos do complexo cranio-cérvico-mandibular

A nosa actitude postural pode influír tanto directa coma indirectamente en todas as estruturas do noso corpo.

O noso corpo está deseñado para vivir naquela posición que lle supoña un menor gasto enerxético pero ás veces os factores externos a nós, como unha altura inadecuada da cadeira no posto de traballo, unha tarefa diaria que nos obriga a estar nunha postura fixa demasiado tempo, o sedentarismo de moitas ocupacións e hábitos... fan que se produzan cambios musculares e articulares que lle impiden ao corpo atoparen esa posición óptima.

A posición alternativa sempre será unha posición desencadeante de disfuncións debido ás tensións que se producirán no noso organismo.

Antela Saúde

Como é posible que a mandíbula inflúa na postura?

A explicación está no óso hioides, que conecta a mandíbula coa parte posterior do cranio, na rexión do atlas. O hioides é o único óso do corpo sen conexións directas con outros ósos, é o noso óso independente.

Malia ser independente, o hioides é fundamental para entender a relación entre a mandíbula e a nosa postura.

A secuencia é a seguinte: os dentes determinan a posición na mandíbula, a mandíbula determina a posición do hioides e este, á súa vez, regula a postura do resto do corpo.

As contracturas musculares motivadas pola desaliñación do atlas e a posición incorrecta da mandíbula, son factores que determinan as tensións asimétricas sobre o hioides e o conseguinte dano na postura, caso da pelve inclinada ou un ombro máis alto ca outro.

Para solucionar estes problemas é conveniente acudir a profesionais da fisioterapia especializados en articulación temporomandibular, que saberán encontrar a maneira de solucionar de vez o problema que incide en dores que se estenden por todo o corpo e cuxa orixe é a mandíbula.

Antela Saúde