Recuperación de lesións en Ourense

Fortalece a musculatura, aumenta a flexibilidade, mellora a concentración, aumenta a forza e a axilidade, corrixe a postura, mellora a coordinación e o equilibrio, reduce o estrés, mellora a capacidade pulmonar, aumenta o autocontrol e a autoestima.

Antela é un centro especializado en saúde, beleza e benestar. Estamos na cidade de Ourense dende o 2012 ofrecendo un novo concepto de recuperación integral.

Contamos con servizos de fisioterapia, fisioestética, osteopatía, enfermaría, nutrición, preparación física e exercicio terapéutico.

Somos pioneiros en Galicia no emprego das técnicas da ximnasia abdominal hipopresiva con fins terapéuticos. O pilates, a ximnasia de mantemento, a tonificación e os estiramentos son outros exercicios terapéuticos que ofrecemos en Antela.

Tamén dispomos de cursos relacionados coa maternidade, desde o embarazo á recuperación do parto, coa infancia e coa terceira idade.

Descobre Indiba

Tratamentos para o benestar do teu corpo

En Antela incorporamos o último en aparatoloxía para tratamentos corporais, cos cales queremos que consigas o máximo benestar. Dentro de estas novas técnicas de traballo, poderás atopar o último en tratamentos Indiba, os cales aportan grandes beneficios como a estimulación circulatoria, aceleramento da curación, mitigación da dor localizada...

Pensada para usuarios que padecen lesións no aparello locomotor, patoloxías dolorosas o outras problemáticas. Non dubides en contactar cos nosos especialistas para saber máis sobre estas técnicas de vangarda.

Queres concertar unha cita?

Horario: Luns de 10.00 a 22.00.
Martes, mércores e xoves: de 9.00 a 22.00
Venres: de 9.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00

Entérate das novidades de Antela

Segue as nosas novas



Actualmente no hay noticias en esta sección

Unhas instalacións totalmente equipadas

En Antela dispoñemos dun espazo preparado para as diferentes terapias e tratamentos. O noso principal cometido é conseguir o teu total benestar, terapias coas cales, ademáis de potenciar a beleza natural, se revitalice a saúde do usuario.

Por este motivo, contamos co último en aparatoloxía e áreas específicas para que os diferentes especialistas desenvolvan cada competencia dunha forma experta e profesional. Dispoñemos de áreas específicas para as clases de pilates, preparación física, enfermaría...

¡Regala Antela!

Regala saúde, beleza e benestar. En Antela preocupámonos polo benestar dos teus seres máis queridos e de aí xorde a idea dos nosos packs de regalo.

Se estás pensando en saúde regala unha ou varias sesións de calquera dos nosos servizos neste campo: fisioterapia, podoloxía, psicoloxía ou nutrición. Se te decantas pola beleza, tal vez che gusten os nosos packs de drenaxe linfática manual, presoterapia ou tratamentos para as pernas cansas.

Se a túa primeira opción é o benestar, nada mellor para relaxarse e hidratar a pel que os nosos tratamentos corporais e as nosas masaxes relaxantes. Os primeiros inclúen unha exfoliación de todo o corpo, unha envoltura a escoller entre chocolate, algas, cereixa ou uva, e unha masaxe corporal con aceite a escoller.

Contacta con Antela

Ponte en contacto cos nosos especialistas e atopa no noso centro de saúde, beleza e benestar en Ourense aquel tratamento que precisa o teu corpo. En Antela estaremos encantados de atenderte.