Profesionais especializados en Ourense

O noso equipo

Eva Rodríguez Penín

Eva Rodríguez Penín

Directora xeral de Antela e fisioterapeuta

Colexiada nº 1.857

  • Graduada en Fisioterapia.
  • Máster en Técnicas Osteopáticas del Aparato Locomotor. Máster en Patoloxía Deportiva. Máster en Tratamento da Articulación Témporo-Mandibular. Posgraduada en Fisiopatoloxía do Sistema Músculo-Esquelético Cráneo-Mandibular. Experta en Fisioterapia Deportiva. Ten formación en Fisioterapia Deportiva de Elite, Fisioterapia xeriátrica, Ecografía músculo-esquelética e Fisioterapia Visceral. É especialista en Kinesiotaping e en Drenaxe Linfática Manual.
  • Instrutora de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.
  • Traballa no campo da Fisioterapia desde o 2007. Experiencia en actividades grupais coa 3ª idade, Fisioterapia xeriátrica e Fisioterapia Clínica. Foi a fisioterapeuta do Ourense Fútbol Sala, do Maside CF, do Porriño Industrial CF, do CD Choco de Redondela, da Federación Galega de Bádminton e do Centro de Alto Rendemento Deportivo da Estrada.
  • Formación en Indiba.

Sheila Martín Lorente

Sheila Martín Lorente

Fisioterapeuta

Colexiada nº 3819

  • Diplomada en Fisioterapia
  • Control en técnicas osteopáticas e do aparato locomotor
  • Formación en ATM e tratamento nas disfuncións craneomandibulares
  • Manexo e manipulación da fascia e tecido neuroconectivo
  • Coñecementos de terapia Bobath