Saúde · Beleza · Benestar
pilates de Antela Saúde

Clases de pilates e outras actividades

fisioterapeuta de Antela Saúde fisioterapeuta de Antela Saúde fisioterapeuta de Antela Saúde fisioterapeuta de Antela Saúde

PILATES E OUTRAS ACTIVIDADES TERAPÉUTICAS

Vantaxes das clases de pilates en Antela:

  • Fortalece a musculatura.
  • Aumenta a flexibilidade.
  • Mellora a concentración.
  • Aumenta a forza e a axilidade.
  • Corrixe a postura.
  • Mellora a coordinación e o equilibrio.
  • Reduce o estrés.
  • Mellora a capacidade pulmonar.
  • Aumenta o autocontrol e a autoestima.

Pilates para adultos.

  • Está indicado en todo tipo de persoas, independentemente da idade.
  • Beneficiaranse especialmente quen sufra problemas de costas, lumbalxias, cervicalxias, dorsalxias, escolioses, hernias discais…

Pilates para nais e pais xunto coas súas fillas e fillos.

  • Fomenta a interacción entre os pais e os seus nenos.
  • Aprendizaxe temperá de bos hábitos posturais e deportivos, como os estiramentos, a concentración e a propriocepción nun contorno lúdico e altamente afectivo.
  • Pódese practicar desde bebés.

Pilates infantil.

  • Fortalece a musculatura das costas.
  • Corrixe ou prevén posturas inadecuadas tanto no colexio coma na casa.
  • Evita lesións derivadas do peso que se carga nas mochilas escolares.
  • Mellora o coñecemento que o neno ten do seu propio corpo en constante cambio.
  • Indicado en escoliose, dores frecuentes de costas, criaturas nerviosas…
  • A partir dos 8 anos.

Pilates para a terceira idade.

  • Con exercicios específicos para as necesidades e esixencias das persoas maiores.

HIPOPRESIVOS

É unha técnica que se basea na realización dun conxunto de exercicios posturais rítmicos en apnea respiratoria, o que significa unha diminución da presión torácica e abdominal, co obxectivo de tonificar a musculatura da faixa abdominal e do solo pélvico.

UTILIDADES DOS ABDOMINAIS HIPOPRESIVOS

  • Prevención e recuperación durante o postparto.
  • Incontinencia urinaria feminina.
  • Homes operados de próstata con incontinencia urinaria.
  • Ptoses pelvianas: colecistes, rectoceles e prolapsos de útero.
  • Conxestión pelviana durante a menstruación.
  • Lumbalxias.
  • Dor dorsal.
  • Escoliose.
  • Hernias discais.
  • Problemas de retorno venoso en pernas.
  • Problemas respiratorios.
  • Taquicardia, dispnea, fatiga.
  • Estrinximento.
  • Persoas colostomizadas ás que xa uniron ambas partes de intestino.
  • Reeducación postural.
  • Refluxo gastroesofáxico, hernias de hiato.
  • Problemas dixestivos.
  • Disfuncións sexuais.
  • Hipertonía do diafragma.
  • Cefaleas, xaquecas, dores retro-oculares.
  • Problemas do equilibrio, náuseas, vómitos, vertixe.

TONIFICACIÓN

Co fin de mellorar o ton e o equilibrio muscular, esta técnica fortalece os músculos máis débiles e estira aqueles máis acurtados.

ESTIRAMENTOS

Para ter unha boa flexibilidade que nos permita conservar as nosas capacidades físicas e previr lesións. Tanto para adultos como para nenos.

ACTIVIDADES DURANTE A MATERNIDADE

Pilates e ximnasia de mantemento para embarazadas e exercicios de recuperación tras o parto, así como exercicio con bebés.

fisioterapeuta de Antela Saúde fisioterapeuta de Antela Saúde fisioterapeuta de Antela Saúde fisioterapeuta de Antela Saúde

VISITA O NOSO FACEBOOK

988 609 157 / 604 000 526