Saúde · Beleza · Benestar
Logo Antela

Recuperación de lesións en Ourense

Antela é un centro especializado en saúde, beleza e benestar. Estamos na cidade de Ourense dende o 2012 ofrecendo un novo concepto de recuperación integral.

Contamos con servizos de fisioterapia, fisioestética, osteopatía, enfermaría, nutrición, preparación física e exercicio terapéutico.

Somos pioneiros en Galicia no emprego das técnicas da ximnasia abdominal hipopresiva con fins terapéuticos. O pilates, a ximnasia de mantemento, a tonificación e os estiramentos son outros exercicios terapéuticos que ofrecemos en Antela.

Tamén dispomos de cursos relacionados coa maternidade, desde o embarazo á recuperación do parto, coa infancia e coa terceira idade.

botón FISIOTERAPIA

FISIOTERAPIA E FISIOESTÉTICA

MÁIS
botón PILATES

PILATES E OUTRAS ACTIVIDADES TERAPÉUTICAS

MÁIS
botón ARTICULACIÓN

ARTICULACIÓN TEMPOROMANDIBULAR

MÁIS
botón PREPARACIÓN

PREPARACIÓN FÍSICA

MÁIS
botón ANTELA

ANTELA ELITE

MÁIS
botón ENFERMARÍA

ENFERMARÍA

MÁIS
botón OSTEOPATÍA

OSTEOPATÍA

MÁIS
botón OSTEOPATÍA

OSTEOPATÍA

MÁIS
botón BLOG

BLOG

MÁIS

Queres concertar unha cita?

Spot presentación TV

regalo

Regala Antela

Regala saúde, beleza e benestar. En Antela preocupámonos polo benestar dos teus seres máis queridos e de aí xorde a idea dos nosos packs de regalo.

Ler máis Ler menos

Se estás pensando en saúde regala unha ou varias sesións de calquera dos nosos servizos neste campo: fisioterapia, podoloxía, psicoloxía ou nutrición.

Se te decantas pola beleza talvez che gusten os nosos packs de drenaxe linfática manual, presoterapia ou tratamentos para as pernas cansas.

Se a túa primeira opción é o benestar, nada mellor para relaxarse e hidratar a pel que os nosos tratamentos corporais e as nosas masaxes relaxantes. Os primeiros inclúen unha exfoliación de todo o corpo, unha envoltura a escoller entre chocolate, algas, cereixa ou uva, e unha masaxe corporal con aceite a escoller.

AS NOSAS NOVAS

Actualmente non hai novas nesta sección

AS NOSAS INSTALACIÓNS

VISITA O NOSO FACEBOOK

988 609 157 / 604 000 526