Fisioterapia e Fisioestética en Ourense

Coñeces os beneficios da fisioterapia?

A fisioterapia é o conxunto de métodos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación de medios físicos curan, preveñen, recuperan e adaptan persoas afectadas de disfuncións somáticas ou as que se desexa manter nun nivel axeitado de saúde. En Antela, confiamos nunha filosofía de traballo baseada no trato directo ao paciente polo que a terapia manual é a parte principal do noso tratamento.

Moito máis que alivio de contracturas nas costas ou escordaduras de nocello

A fisioterapia é unha das disciplinas sanitarias máis tecnificadas. A investigación e a práctica conseguen novas ferramentas e novas solucións para problemas de saúde tan diversos como problemas de tránsito intestinal, problemas respiratorios, dores de cabeza crónicas e por suposto problemas nas costas e nas articulacións.

Antela Saúde

Aplicacións da fisioterapia

  • Dores vertebrais: lumbalxias, cervicalxias, dorsalxias, escolioses, espondilolise, espondilolistese, esguinces cervicais, espondilite anquilosante, cefalea tensional…
  • Drenaxe linfática manual: linfedemas, tratamento postmastectomía, edemas postlesión traumática (esguinces, fracturas…), retención de líquidos, síndrome premenstrual…
  • Traumatoloxía: fracturas, esguinces, luxacións, próteses, lesións articulares, fascite plantar, tendinite, rotura dos ligamentos cruzados do xeonllo, hernias e protusións discais, ciatalxias, hallux valgus…
  • Ortopedia: deformidades da columna tales coma escoliose, pectum excavatum… Lesións deportivas: contracturas, tendinites, roturas musculares, pubalxias, esguinces, periostite, contusións…
  • Reumatoloxía: fibromialxia, artrose, artrite reumatoidea, bursite, epicondilite… Alteracións circulatorias: varices, úlceras.
  • Neuroloxía adulta: esclerose múltipla, ictus, párkinson, enfermidades neurodexenerativas, lesións medulares, síndrome de Guillain-Barré, parálises nerviosas, alzhéimer e protusións discais. Traballamos coas técnicas de Bobath e Kabat.
  • Neuroloxía infantil: parálise cerebral, distrofia muscular de Duchenne, enfermidades neurodexenerativas.
  • Doenzas respiratorias e cardiovasculares: asma, bronquite crónica, EPOC, fibrose quística, sinusite, anxina de peito, infarto, rehabilitación cardíaca…
  • Atención xeriátrica: osteoporose, ximnasia de mantemento, enfermidades reumáticas, enfermidades neurolóxicas, párkinson, demencia…
  • Pediatría: escoliose, pé zambo, pé cavo, neuropatías, deformacións, atraso psicomotor, tortícole conxénita, asma, enfermidades neurolóxicas…
  • Atención xinecolóxica e urolóxica: postparto, incontinencia urinaria, cístoceles…
  • Reeducación postural global.
  • Fisioterapia miofascial.
  • Fisioterapia visceral: estrinximento, dixestións difíciles…
  • Fisioterapia da articulación témporo-mandibular.
  • Kinesiotaping e vendaxes funcionais.
  • Accidentes de tráfico.

Fisioestética en Ourense

A fisioestética ou fisioterapia estética é a parte da fisioterapia que combina saúde e beleza. Diríxese a determinados problemas físicos que en moitas ocasións ten a súa orixe a nivel metabólico.

Trátase de levar un paso máis alá os tratamentos tradicionais de beleza, a través de fisioterapeutas especializados que, con medios físicos e naturais, tratarán un problema estético que co paso do tempo podería desencadear outro tipo de patoloxías no organismo.

En Antela realizamos tratamentos para a celulite, a retención de líquidos, as varices, as cicatrices e as estrías. Tamén despois de intervencións cirúrxicas como liposuccións ou pequenos retoques estéticos faciais. Non só levamos a cabo unha terapia determinada senón que realizamos un estudo dos hábitos alimenticios, o nivel de actividade física e o estado psicolóxico do paciente na procura da orixe do problema.

Antela Saúde

Fisioterapia a domicilio

En Antela Saúde somos conscientes de que non sempre é posible que o paciente acuda ao noso centro a realizar a rehabilitación. Por iso, se é necesario, trasladaremos a nosa clínica á comodidade do seu fogar adaptándonos as súas necesidades ata que o estado de saúde lle permita acudir as nosas instalacións.

Tan só é preciso que se poña en contacto con nós, nos indique o seu enderezo e un dos nosos profesionais acudirá a realizar unha valoración do seu estado actual e iniciarase o tratamento de fisioterapia que corresponda.

Non é necesario dispoñer de ningunha instalación especial na súa casa pois nós levaremos todo o que sexa preciso.

Antela Saúde

Osteopatía en Ourense

A osteopatía entende o corpo como un sistema integrado. Combinada coa fisioterapia, multiplica as súas funcionalidades e tamén as posibilidades de recuperación de diferentes problemas.

A osteopatía baséase nun coñecemento preciso da anatomía e fisioloxía do corpo humano. Identifica as disfuncións ou alteracións que provocan un desequilibrio da saúde e centra os seus estudos no concepto de unidade e interrelación entre todos os sistemas do corpo.

A osteopatía considera o corpo como un todo que funciona de maneira global e non como estruturas illadas.

O tratamento de osteopatía consiste nun conxunto de técnicas e prácticas orientadas a aliviar a dor, restaurar funcións e promover a saúde e benestar.

Dentro da osteopatía atopámonos con:

  • Osteopatía estrutural: adicada ao restablecemento do aparato musculoesquelético e da postura, centrándose na columna vertebral.
  • Osteopatía cranial: vinculada cos problemas craniais e a súa influencia sobre o sistema nervioso central.
  • Osteopatía visceral: enfocada á curación de órganos e vísceras, mellorando a función destes e eliminando as dores a distancia que poden ocasionar.
Antela Saúde