Coidados de enfermaría en Ourense

O control do estado da saúde é unha das principais funcións da actividade sanitaria. Antela encárgase diso na nosa área de enfermaría.

En qué consisten os tratamentos de enfermaría de Antela?

A enfermaría abarca os coidados a persoas de todas as idades, familias, grupos e comunidades, enfermos ou sans. No noso departamento de enfermaría buscamos a promoción, mantemento e recuperación da saúde, así como a prevención de enfermidades e discapacidades.

En Antela ofrecemos un servizo de medición e control da frecuencia cardíaca, tensión arterial, saturación de osíxeno, glicosa, tratamento de rozaduras

A actividade física desempeñada no noso centro con grupos de risco, caso de doenzas cardíacas ou vasculares, será supervisada en todo momento por unha enfermeira cualificada.

A importancia dos correctos coidados físicos

En Antela temos un firme compromiso coa túa saúde. Os nosos profesionais atópanse nunha formación constante para que a través do noso centro atopes todo o que precisas en atencións de enfermaría.

Unha profesionalidade que mantemos desde os nosos inicios ata agora e que converteuse nunha sinal distintiva. Para una atención de calidade, non dubides en poñerte en contacto co equipo de Antela en Ourense. Recupera a túa saúde e benestar connosco.

Antela Saúde

Atención a usuarios de todas as idades

É a nosa especialidade y formación constante as que fan posible que en Antela se trate a usuarios de todas as idades coa mesma eficacia. Valoramos cada un dos casos que se poñen nas nosas mans para desenvolver tratamentos específicos e adaptados.

Que estás buscando nun centro de saúde e benestar? Visita Antela e descobre un novo concepto de saúde e atención clínica especializada. Estaremos encantados de axudarte en todo o que precises.

Antela Saúde