Saúde · Beleza · Benestar
elite de Antela Saúde

Recuperación de lesións en Ourense

Antela Elite é un programa combinado e exclusivo de prevención e recuperación de lesións e de mellora do rendemento deportivo.

elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde

Somos especialistas en Fisioterapia Deportiva.

Da nosa experiencia nesta área xorde este novo programa que combina prevención e recuperación de lesións coa mellora do rendemento deportivo. Creamos programas individuais e personalizados supervisados por profesionais de diferentes áreas sanitarias.

Esta parte de Antela, está orientada a deportistas de todos os niveis que procuran optimizar a experiencia da súa actividade. Antela Elite integra nun só programa a fisioterapia deportiva, o exercicio terapéutico, a preparación física, a podoloxía, a nutrición e a enfermaría deportiva.

EXERCICIO TERAPÉUTICO

O programa consegue previr e recuperar lesións e tamén mellorar o rendemento deportivo. A ferramenta para lograr estes obxectivos é un concepto de exercicio terapéutico personalizado e deseñado de maneira individualizada.

Os exercicios adáptanse ao nivel de esixencia física e ás necesidades de cada deportista. É un exercicio enfocado a restablecer as funcións normais do corpo e a mantelo en estado de benestar.

  • • Favorece a elongación dos músculos acurtados. Fortalece os músculos débiles. Mellora a postura e a aliñación corporal.
  • • Aumenta a flexibilidade, o equilibrio, a coordinación e a propriocepción.
  • • Equilibra os músculos lumbares e abdominais.
  • • Fortalece o solo pélvico e prepárao para deportes de impacto.
  • • Mellora a capacidade respiratoria e corrixe hábitos inadecuados.
  • • Fai máis efectiva a nutrición muscular e as circulacións sanguínea e linfática.
  • • Diminúe a ansiedade e mellora o sono.

Que inclúe Antela Elite?

  • • Programas de estiramentos.
  • • Rehabilitación funcional na auga.
  • • Pilates.
  • • Ximnasia abdominal hipopresiva.
  • • Reeducación postural global.
  • • Programas de exercicios de fortalecemento muscular.
  • • Exercicio proprioceptivo.

OSTEOPATÍA, FISIOTERAPIA DEPORTIVA E TRAUMATOLÓXICA

As técnicas destas disciplinas son as máis válidas para manter músculos e ósos en perfectas condicións para a competición deportiva.

Que inclúe Antela Elite?

  • • Valoración previa de cada deportista co obxectivo de determinar posibles alteracións causantes de lesións futuras.
  • • Asesoramento profesional e abordaxe integral coas técnicas e métodos que demostran ter unha maior eficacia.
  • • Avaliación continuada do deportista.
  • • Tratamentos antes, durante e despois das competicións.
  • • Readaptación físico-deportiva tras lesións.
  • • Corrección do xesto deportivo.
  • • Programas de reeducación proprioceptiva.
  • • Vendaxes funcionais e neuromusculares.
  • • Técnicas manuais osteopáticas.
  • • Masoterapia.
  • • Ultrasóns.
  • • Láser.
  • • Punción seca.

NUTRICIÓN DEPORTIVA

Debe considerarse parte da preparación do deportista para alcanzar o rendemento ideal. A alimentación debe adaptarse á etapa da vida, á situación fisiolóxica do individuo e ás súas necesidades.

Que inclúe Antela Elite?

  • Hidratación: como conseguir unha boa hidratación. Estratexias para repoñer líquidos durante o día, durante os adestramentos e competicións.
  • Dieta: deseño da alimentación segundo as etapas da planificación competitiva. Como manterse en forma en períodos sen competición. Regras para cando comemos fóra da casa. Como gañar masa muscular. Que cambiar para aumentar ou diminuír o peso.
  • Deportistas vexetarianos: nutrición vexetariana para deportistas. De onde obter as proteínas precisas, ferro, zinc e vitamina B12. Alimentos que interfiren na absorción do ferro.

ENFERMARÍA DEPORTIVA

Que inclúe Antela Elite?

Medición e control estatístico daqueles factores que inflúen no rendemento deportivo:

  • • Frecuencia cardíaca.
  • • Tensión arterial.
  • • Saturación de osíxeno.
  • • Glicosa.
  • • Tratamento de rozaduras.
  • • Medicións antropométricas.

Antela Elite está indicado para todos os deportistas:

running, atletismo, ciclismo, bici de montaña, piragüismo, remo, tenis, pádel, ximnasia, fútbol, fútbol 7 e fútbol sala, baloncesto, balonmán, voleibol, hóckey, deportes ecuestres, natación, wáter-polo.

elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde elite de Antela Saúde

VISITA O NOSO FACEBOOK

988 609 157 / 604 000 526